Movistar, Microsoft e HP ofrecen opcións de correo móbil en tempo real

xoves, 8 de febreiro do 2007

Movistar, Microsoft e HP veñen de unir forzas na súa teima particular de tentar que os aparellos das novas tecnoloxías sirvan para algo máis que para facer ou recibir correos electrónicos ou chamadas. Desta vez, o traballo conxunto das tres empresas vai orientado a ofrecerlles ós usuarios profesionais de telefonía móbil opcións de correo en tempo real.
Froito disto, Movistar vén de poñer no mercado un bono de navegación e correo de 200 megas e que, ó carón do novo terminal HP 6915 con Windows Mobile 5.0 de Microsoft, “permitirá ós usuarios recibir e sincronizar en tempo real os seus correos, tarefas, calendario, contactos a través do Microsoft Mail”, segundo sinala Movistar nun comunicado. Por certo que este servizo en concreto da multinacional de Bill Gates fai posible a sincronización de elementos dende o móbil ó PC e viceversa.

PUBLICIDADE