MouseCraft, un orixinal xogo de quebracabezas que chegará a PS Vita no verán
venres, 9 de maio do 2014
O
vindeiro 9 de xullo a PS Vita vai recibir un xogo moi prometedor, pola súa
estética e mecánica de xogo, MouseCraft, ao que Sony fai un achegamento hoxe dende o seu
blog oficial, para que o público vaia coñecendo o que ofrecerá
este tÃtulo desenvolvido por Curve Digital.
Este xogo de deseño coidado está protagonizado por Schrödinger, un tolo gato
cientÃfico, que deberá solucionar numerosos quebracabezas nos que axudar a un
grupo de ratos a atopar queixo, guiándoos mediante a colocación de bloques como
os de tetrominó a través de 80 niveis
cheos de obxectos coleccionables, inimigos e perigos.
Pode resultar un tanto raro que teñamos na pantalla da portátil de Sony a un
gato axudando a ratos, pero resulta que os roedores son un elemento
imprescindible dos experimentos de Schrödinger, quen espera que co seu
movemento poidan xerar enerxÃa a través dunha máquina que está a desenvolver, e
non parece mellor xeito de facer que os ratos se movan que amosarlles un anaco
de queixo. Unha curiosa desculpa para crear un xogo que podemos describir como
unha mestura de dous clásicos de grande éxito como Tetris e Lemmings.
- MouseCraft destaca tanto pola súa mecánica de xogo como pola súa estética
Último trailer de MouseCraft