Moitos polígonos industriais galegos carecen conexións á Rede de banda larga

venres, 15 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Dende La Voz de Galicia denuncian que o Plan de Extensión da Banda Larga (PEBA) non inclúe ós polígonos industriais galegos, polo que actualmente hai, cando menos, 43 asentamentos industriais en Galicia que non teñen acceso de banda larga á Rede e unha ducia mesmo teñen un acceso á Internet en condicións deficientes, o que supón unha perda de competitividade para os polígonos.
Para solucionar a situación a Consellería de Industria está a traballar na solucións destas carencias que afectan á terceira parte dos polígonos industriais galego, xa que o mercado só data de conexión de banda larga a tales zonas en caso de contar cunha masa de clientes mínima que lles permita amortizar os investimentos en infraestruturas precisos para darlles conexións.

PUBLICIDADE