Microsoft presenta o Windows Vista este martes na Coruña

martes, 12 de decembro do 2006 Fernando Sarasketa

O Windows Vista (o novo sistema operativo de Microsoft) está a chegar a Galiza vía A Coruña e tendo ó Centro de Estudos Caixa Galicia como primeiro (que non derradeiro) centro de operacións.
Será neste espazo, ó longo da xornada de hoxe martes 11, onde diferentes representantes da empresa fundada por Bill Gates farán fincapé nas novidades que achega o novo programa en relación coas versións anteriores. As sesións, que se desenvolven pola mañá (de 9.30 a 14.15 horas) e polo serán (de 16.00 a 19.00 horas), van especialmente destinadas a encher os posibles baleiros de información dos profesionais das novas tecnoloxías e os desenvolvedores galegos.
Amais do Windows Vista, tamén se presentarán as ferramentas 2007 Microsoft Office system e Exchange Server 2007, “produtos que instalados de xeito conxunto supoñen toda unha revolución para a produtividade das persoas e as organizacións”, segundo apunta Microsoft nun comunicado. As persoas interesadas en acudir ó evento poden inscribirse a través do enderezo web www.microsoft.es/nuevodia ou solicitar información no teléfono 902 197 198.

PUBLICIDADE