Microsoft premiará ós mellores banners sobre o Office 2008 para Mac

venres, 15 de febreiro do 2008 Raquel Noya

A División de Negocio Mac de Microsoft Corporation (Mac BU) vén de anunciar a convocatoria do concurso Saca o estilo que hai en ti que organiza en colaboración co portal Faq Mac.
Con motivo do agardado lanzamento de Microsoft Office 2008 para Mac, que verá a luz o vindeiro 27 de febreiro en España, Microsoft quere premiar a calquera usuario (profesional ou afeccionado) que desexe “dar renda solta as súas dotes creativas” e cree un banner que anuncie o lanzamento de Office 2008 para Mac.
As tres creatividades máis votadas do concurso serán galardoadas cos seguintes premios:
· Primeiro premio: 1 Mac Book Pro valorado en 1.848 euros máis o Office 2008 para Mac Media Edition, valorado en 699 euros.
· Segundo premio: 1 iPod Touch de 32 XB, valorado en 449 euros máis o Office 2008 para Mac Standard Edition, valorado en 569 euros.
· Terceiro premio: 1 Office 2008 para Mac Standard Edition, valorado en 569 euros.
Asemade, o portal Faq Mac vailles permitir ós internautas votar polos seus banners favoritos e incluír comentarios coa única condición de que “sexan o máis creativos posible”. Aquel comentario considerado como “o máis orixinal” polo xurado do evento tamén recibirá un Office 2008 para Mac Standard Edition valorado en 569 euros.
Os interesados en participar poderán presentar os seus traballos dende hoxe (15 de febreiro) até o vindeiro 14 de marzo premendo nesta ligazón.
O paquete Office 2008 para Mac está a preparar o seu desembarco en España con varias versións adaptadas a cada un dos públicos con prezos que oscilan entre os 148,92 euros (que custa o Home and Student Edition) e os 699 euros (prezo do Special Media Edition).

PUBLICIDADE