Microsoft lanzará nove parches de seguridade para corrixir fallos críticos

venres, 10 de agosto do 2007 Matías Olazabal

O martes da semana que vén, a empresa Microsoft ten pensado lanzar outros nove “parches” nun intento por solucionar problemas de seguridade nos seus programas, algún dos mesmos cualificados como “críticos”. Da listaxe de parches con feitura de actualizacións que poderán descargarse a vindeira semana, catro serán para as versións de Windows –Vista incluído-, mentres que os restantes serán para Office en xeral, Internet Explorer, Excel, e Visual Basic 6.0, malia que tamén haberá outros para Windows Media Player, Virtusal PC, e Virtual Server, programas que, polo visto, tamén teñen problemas de seguridade.

Segundo un artigo publicado por Computerworld.com, os fallos de seguridade corresponden a un erro (bug) nos devanditos programas, o que podería ser explotado por hackers, e a mesma compañía considera que o usuario atópase agora nunha situación “moi perigosa”. Todas as actualizacións ofreceranse mediante o Windows Update, e no sitio web do xigante informático.

PUBLICIDADE