Microsoft amosa 27 xogos que poderán gozarse en Xbox

luns, 12 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Microsoft vén de celebrar o Xbox Games Showcase e Starfield Direct, evento no que amosaron o seu catálogo de xogos máis ambicioso até a data, no que amosaron 27 títulos que poderán xogarse en Xbox, entre os que había dende xogos que non se anunciaran previamente (como Clockwork Revolution e South of Midnight) e até títulos como Fable, Forza Motorsport e Avowed, dos que se presentaron novidades.
Aínda que o punto forte da presentación de Microsoft foi Starfield, xogo de rol de Bethesda Game Studios, que incluso chegará acompañado por hardware, como un mando sen fíos e uns auriculares sen fíos para Xbox, demostrando a confianza que teñen neste título que chegará ás tendas o 6 de setembro (contando as súas versión Premium con acceso anticipado de até 5 días).
O que queda claro é que, pese a que nos últimos meses a Xbox quedase eclipsada polas dificultades de Microsoft para adquirir Activision Blizzard, a consola de Microsoft e o servizo Xbox Game Pass teñen unha boa perspectiva de futuro.

Vídeo completo do evento de Xbox no que afondaron en Starfield

PUBLICIDADE