Michael Moore crea un grupo en YouTube para promocionar a súa última película

luns, 18 de xuño do 2007 Raquel Noya

O polifacético director Michael Moore, ás portas de encabezar de novo as listas dos individuos máis axitadores e polémicos da vida pública norteamericana coa súa última película “Sicko”, vén de abrir un grupo en YouTube para que os estadounidenses que o desexen, conten as súas malas experiencias co sector da sanidade pública do seu país.
Con esta iniciativa, Moore fai campaña para o seu film ó tempo que lle da continuidade á producción e tenta concienciar ós lexisladores estadounidenses da mala situación da sanidade en EEUU enviando algunhas das aportacións audiovisuais ó Congreso.
Conciencien ou non ó goberno, o certo é que estas imaxes servirán para enriquecer ó documental a través da Rede e incluso é posible que se recollan como material extra á hora de sacar o film en DVD, xa que, dende logo, será material inédito e de última hora.
Preto de 2.500 persoas seguen xa a canle da película en YouTube e 41 delas publicaron unha resposta grabada á petición de Moore para que conten as súas experiencias, cifras que non farán máis que medrar debido ó efecto viral que inevitablemente sempre provoca este home onde queira que vaia.

PUBLICIDADE