MexilOnseTuits celebrará a súa segunda edición o 2 de xuño

martes, 29 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Trofeos da 1ª Edición dos Premios de Social Media de Galicia

O pasado mes de xuño Bueu acolleu o primeiro Festival de Social Media de Galicia, tamén chamado MexilOnseTuits, xuntando a máis de 250 profesionais galegos do sector TIC e das Redes Sociais, que puideron atender a un par de relatorios e a entrega da 1ª Edición dos Premios Galegos de Social Media, que recoñeceron a proxectos como Gafa Vintage, ao boneco viaxeiro Stabri, á orixinalidade de Ah Moda para darse a coñecer a través do uso do vídeo, á campaña de Elogia para Pizza Móvil, aos blogs Capítulo 0, Mola Viajar, Nyxstyle e Recetas de Rechupete, á axencia Naranjalimón e á iniciativa Viajando con Diego; e en vista da boa acollida deste evento, veñen de confirmar a súa continuidade o presente ano, de xeito que o 2 de xuño terá lugar unha nova edición do MexilOnseTuits.
Nos vindeiros meses iremos coñecendo os detalles deste evento dunha axenda tecnolóxica galega que parece querer repetir en 2013 as iniciativas de 2012, dando a entender que a conxuntura económica desfavorable non é quen de frear os encontros do sector TIC de Galicia, en boa medida porque serven de dinamizadores, o que pode axudar a saír da crise.

Cartel da edición de 2013 de MexilOnseTuits

PUBLICIDADE