Metal Gear Rising: Revengeance amosa no Xapón as súas edicións especiais
xoves, 25 de outubro do 2012
O xogo Metal Gear
Rising: Revengeance, pese a estar fóra da saga de Metal Gear Solid, está a captar moita atención no Xapón, de aà que
Konami decidise que vai vender alà un par de edicións especiais deste tÃtulo.
Por unha banda contará cunha edición
Premium que inclúe o xogo en caixa metálica, un libro de ilustracións e un
par de figuras dunhas criaturas chamadas Gekko que aparecerán nesta nova
aventura de Raiden. Tamén incluirá un traxe descargable para o protagonista do
xogo e venderase por 9.980 iens (95,95 euros).
Por outra banda, os que teñan maior afán de coleccionismo poderán adquirir por
12.980 iens (124,79 euros) unha edición chamada Premium Package Konami Style
Special Edition que incluirá todo o anterior xunto cunha figura articulada
de Raiden.
Polo momento non se anunciou o lanzamento destas edicións en España, aÃnda que
non serÃa de sorprender que se distribuÃse internacionalmente en vista do pulo
que teñen todos os produtos baixo a marca Metal
Gear.
- A versión máis completa do xogo incluirá unha figura de Raiden