MeLiSA afondará este venres nas vantaxes do software libre perante estudantes de Arzúa

xoves, 17 de decembro do 2009 Fernando Sarasketa

Prosegue o labor das nosas asociacións e plataformas a prol da divulgación das vantaxes do software libre a tódolos niveis: usuarios, empresas, institucións e organizacións. Esta semana é a quenda do colectivo MeLiSA de Melide, que está a informar da celebración este venres dunha exposición sobre software libre no Instituto de Educación Secundaria de Arzúa. Máis polo miúdo, trátase dunha actividade de divulgación sobre os beneficios deste tipo de programas informáticos (abertos, libres e cen por cen dispoñibles) dirixida ás alumnas e alumnos do ciclo superior de Administración e Finanzas.
Segundo se conta na Rede, o propio presidente de MeLiSA, Rafael Rodríguez, será o responsable de achegarlles aos estudantes unha visión clara e produtiva das ferramentas libres, sobre todo como opción a ter en conta cando teñan que integrarse no mercado laboral e vexan que a maior parte dos programas que se empregan son privativos, con todos os atrancos que iso podería xerar se os recursos dispoñibles son limitados.

PUBLICIDADE