Mario visita A Coruña entre os días 19 e 22 de agosto

mércores, 18 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Este verán o célebre fontaneiro Mario está de xira por toda España cun espazo aberto de 400 m2 no que o público asistente poderá acceder a distintos escenarios de lecer, coma un estudio de televisión e 2 sets de fotografías profesionais (con fondo croma, para permitir aos visitantes meterse virtualmente no escenario de Mario). Deste xeito, os interesados poderán tomar fotografías saltando e divertíndose no Reino do Champiñón, así coma gravar anuncio xogando ao New Super Mario Bros Wii, de xeito que os mellores vídeos de cada cidade recibirán unha consola Wii cos xogos Wii Sports Resort e New Super Mario Bros Wii.
En Galicia a cidade elixida por Nintendo para recibir a Mario é A Coruña, entre os días 19 e 22 de agosto, de xeito que os que queiran divertirse con Mario e participar no concurso de creación de anuncios televisivos poden achegarse ao aparcadoiro de Riazor ata o vindeiro domingo. Tamén poden achegarse ás carpas de Nintendo os que queiran probar o xogo New Super Mario Bros Wii, recibindo un regalo seguro todos os participantes.

Mario visitará A Coruña ata o 22 de agosto

Os asistentes poderán sacar divertidas fotografías visitando virtualmente os mundos de Mario


PUBLICIDADE