Mancomún fai un chamamento para a revisión das traducións dos novos programas de Mozilla

mércores, 30 de setembro do 2009

O lanzamento de programas informáticos coma Firefox 3.6, Thunderbird 3.0, Sunbird 1.0, Fennec 1.0 e Seamonkey 2.0 é inminente, polo que dende Mancomún fan un chamamento á comunidade de tradución ao galego para colaborar na revisión da tradución actual das aplicacións, para detectar e corrixir os posibles erros cometidos.

PUBLICIDADE