Máis da metade dos españois non merca na Rede por desconfianza

mércores, 11 de abril do 2007

Segundo indica un estudo elaborado por Visa Europe, son dous os grandes motivos polos que os españois aínda non mercan decote a través de Internet. O primeiro deles é a desconfianza que suxire este medio (así o indica o 61 por cento dos enquisados) e o segundo motivo que leva a que até un 34 por cento dos españois non merquen na Rede é que lles gusta tocar os obxectos antes de adquirilos.
Malia todo, o informe indica que o medo á tecnoloxía só lle afecta a un 2 por cento da poboación, que nunca foi de compras pola Rede e que o 43 por cento dos españois está menos preocupado pola seguridade cando merca en Internet ca hai dous anos.

PUBLICIDADE