Lugo celebra o Día Mundial de Plone cun relatorio sobre este CMS de código aberto

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Hoxe celébrase o World Plone Day 2008 coma un evento global no que se busca dar a coñecer o xestor de contidos (CMS) baseado en python, Plone, con actividades nunhas 60 cidades de todo o mundo entre as que Lugo tamén fai a súa propia achega grazas ás empresas Código 23 e Pexego, que organizaron un relatorio no que se fixo unha introdución a Plone, se explicou o seu uso coma CMS e se afondou no mesmo coma estrutura de desenvolvemento.
Ás xornadas que tiveron lugar nas instalacións luguesas de Pexego asistiron unhas 10 persoas de Lugo, Coruña e Ourense, que puideron intercambiar experiencias e coñecementos sobre o sistema de publicación na web Plone.

PUBLICIDADE