Lugo acolle esta fin de semana unhas xornadas de software libre

mércores, 11 de novembro do 2009 Fernando Sarasketa

A Asociación de Centros Homologados segue adiante co seu itinerario pola nosa terra dirixido a promover as vantaxes da programación aberta a tódolos niveis. As vindeiras citas do seu programa Consume software libre, consume software seguro (así se chama esta iniciativa móbil de actividades) serán os vindeiros venres 13 e sábado 14 deste mes de novembro, no Gran Hotel de Lugo.
As sesións abrirán o primeiro día cun relatorio (Software libre e seguridade) e proseguirán o sábado cun obradoiro sobre programación aberta na nosa lingua. Por certo que durante a celebración destes encontros está prevista a participación do Centro Mancomún, entre outras cousas achegándolles aos asistentes copias do sistema operativo galego Galinux.
As xornadas contan co apoio da Secretaría Xeral de Modernización, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

PUBLICIDADE