Lenovo pretende mercar Packard Bell

mércores, 8 de agosto do 2007

Lenovo, o fabricante chinés absorbeu a división de informática persoal de IBM dende primeiros de 2005 quere facerse agora con Packard Bell, de xeito que melloraría a súa presenza no mercado de ordenadores de consumo, no que está en terceira posición, loitando duramente con Acer (fabricante que tamén procuraba a compra de Packard Bell).
A operación de compra do fabricante europeo por parte da marca asiática estaría agora pendente das aprobacións pertinentes, aínda que dende Packard Bell aínda non manifestaron nada ó respecto, pero que de completarse consolidaría a posición de Lenovo fronte a Acer (compañía que chegou a arrebatar a terceira posición no mercado da informática de consumo durante o primeiro trimestre do ano, aínda que fugazmente).

PUBLICIDADE