Leire Pajín anuncia que os portátiles para alumnos de Primaria funcionarán con software libre

venres, 15 de maio do 2009 Marcus Fernández

Tras a polémica suscitada na comunidade do software libre ante a posibilidade de que os portátiles que o Goberno pretende achegar aos alumnos de 5º de Primaria de todo o Estado, a secretaria de organización do PSOE, Leire Pajín, saíu ao paso anunciando que os equipos terán código aberto para que cada comunidade autónoma decida o sistema que quere utilizar no que define coma «un paso máis cara ao software que os socialistas levamos no noso programa electoral», pondo coma exemplo os casos de Estremadura e Castela A Mancha.
Na súa intervención pública Pajín subliñou que o reparto de equipos informáticos entre os escolares servirá para combater o analfabetismo dixital e para que os estudantes «fórmense en novas tecnoloxías».
Pola súa banda a asociación FACUA – Consumidores en Acción pide ao Goberno que «os ordenadores para nenos de Primaria só vaian equipados con software libre», medida que estiman que suporá un importante aforro en licenzas de software, ou sexa, que oporíanse á previsible opción de que os ordenadores conten cun sistema de arranque dual Windows-Linux.
FACUA tamén considera que a formación que recibirá o profesorado para o desenvolvemento deste novo método de ensino é fundamental; e tamén amosan a súa preocupación ante a posibilidade de que os ordenadores poidan plantexarse como unha substitución total de libros e cadernos (que consideran insubstituíbles).

PUBLICIDADE