Last.fm deixa de ofrecer cancións soltas por streaming

martes, 13 de abril do 2010

O servizo de radio por Internet con compoñente social Last.fm vén de anunciar que deixa de ofrecer canción soltas mediante streaming, remitindo aos usuarios para tal fin a servizos de terceiros coma Spotify, The Hype Machine ou Vevo, co que buscan aforrar custos, posto que a súa plataforma non está centrada na reprodución multimedia, senón nos comentarios ao seu redor.
Dende Last.fm destacan que esta medida non afecta ás emisoras de radio de Last.fm, que continúan a operar con normalidade.

PUBLICIDADE