Lanzan o contorno gráfico KDE 4.3.0

mércores, 5 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O contorno gráfico para Linux chamado KDE continúa a evolucionar, e presenta a súa versión 4.3.0 alcumada Caizen, que presenta numerosas innovacións e corrixe moitos fallos detectados en versións anteriores. Máis concretamente falan da corrección de máis de 10.000 erros e a incorporación de preto de 2.000 características suxeridas polos usuarios durante os últimos 6 meses grazas ao traballo de máis de 700 desenvolvedores.
Entre os cambios máis notable está que o Shell de escritorio Plasma engade un novo tema por defecto (que consume menos recursos e incorpora numerosos widgets), actualiza o administrador de arquivos Dolphin (que engade vista previa dos arquivos nun cartafol, miniaturas de vídeo e a configuración dun tamaño máximo da papeleira de reciclaxe para evitar que deixe accidentalmente sen espazo de disco) e Klipper, a ferramenta que manexa o contido do portapapeis dun xeito máis intelixente.

Screencast amosando as novidades do KDE 4.3.0

PUBLICIDADE