Lalín recupera a súa canle local de TDT

xoves, 3 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O panorama audiovisual galego segue en movemento, e tras o adeus de varios proxectos de televisión dixital de ámbito local por toda a nosa xeografía sorpréndenos unha nova canle, Nós TV, que inicia esta semana as súas emisións despois de varios meses no que gravaron algúns contidos como exemplo do que producirá esta nova iniciativa emprendida por Isidro Barco, quen dende Lalín xa iniciara outras canles de televisión e que agardemos que coa terceira vaia a vencida.
Nós TV preséntase como “un novo concepto de televisión” que aposta pola proximidade e o rigor, con información actualizada, informativos diarios, programas, películas, concursos, deportes, lecer... que bota a andar nas comarcas de Deza e Tabeirós, pero que pretende formar parte dun proxecto galego integrado pola suma de varias canles locais.
A nova canle está a amosar unha mostra do que serán os seus contidos a través de Facebook:

<script>(function(d, s, id) { var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) return; js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = "//connect.facebook.net/gl_ES/all.js#xfbml=1"; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, 'script', 'facebook-jssdk'));</script>

PUBLICIDADE