LIGNUx celebra en Ourense un completo achegamento ao software e hardware libres
luns, 30 de novembro do 2015
A cultura deberÃa estar
sempre ao alcance de todo o mundo. No tempo presente a cultura é
sinónimo de tecnoloxÃa e indo pouco máis alá, de software e
hardware. Para que o coñecemento chegue a todos os recunchos (sen
clasismos, nin distincións de ningún tipo) traballan asociacións
como LIGNUx, que
vén de anunciar as II
Xornadas de achegamento teórico-practico ao software e hardware
libre no ámbito socioeducativo, que se desenvolven os
vindeiros dÃas 2 e 3 de decembro, coa colaboración da Asociación
Pedagóxica e Cultural Educere e coa axuda da Universidade de Vigo
(VicerreitorÃa do Campus de Ourense, Escola Superior de EnxeñerÃa
Informática e a Facultade de Ciencias da Educación).
E que se persegue con
este encontro? Pois contribuÃr ao achegamento da cultura libre aos
asistentes, a través de relatorios sobre software e hardware libre,
sempre cunha orientación socioeducativa.
As xornadas celebraranse
no Edificio de Facultades, Universidade de Vigo, Campus de Ourense en
horario de tarde de 18:30 a 21:00 horas. O mércores 2 de decembro
celebrarase na aula 0.9 no andar baixo e o dÃa 3 de decembro na aula
1.5 do primeiro andar.
As ditas xornadas son
abertas ao público en xeral e de balde, sendo tan só preciso
inscribirse previamente a través do formulario habilitado ao
respecto, para o control do aforo.
A continuación damos
conta do programa dos encontros.
Mércores 2 de
decembro
· Conferencia de
Juan Pombo, especialista en electrónica e computación e socio
fundador da empresa ROBIMAT SC, adicada ao desenvolvemento de
software e solucións de automatización robótica. A súa
intervención dividirase en dúas partes: Unha adicada ao software
libre (reseña histórica e aplicacións do ámbito socioeducativo) e
outra adicada ao hardware libre e robótica; con demostración en
vivo!!
Xoves 3 de decembro
· Charla de Pablo
Castro, secretario adxunto de GPUL que fará unha breve introdución
ao mundo do software, hardware e cultura libre, animando a contribuÃr
en proxectos, asociacións, etc.
· Obradoiro de software
libre. Dividirase en dúas partes: Entregaranse DVDs con programas
libres, sistemas operativos Gnu Linux e manuais. A continuación, na
primeira parte do obradoiro os relatores explicarán o contido do DVD
asà como as instrucións de instalación e funcionamento dos
programas recollidos nel. Traballo autónomo dos asistentes ao curso
instalando o material subministrado. Nesta parte os asistentes
contarán coa axuda individualizada dos relatores: Pablo Castro,
membros da Asociación LiGNUx e varios enxeñeiros informáticos.