Juegosdiarios.com supera as 500.000 visitas diarias

martes, 18 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Os xogos en Flash son coñecidos coma os principais inimigos da produtividade na oficina, xa que permite achegar dende unha páxina web e sen instalar software adicionais divertimentos moi atractivos, o que explican o éxito da web Juegosdiarios.com, que nos pasados días superou a impresionante cantidade de 500.000 visitas únicas/día.
Segundo os seus responsables, a web ten uns 15 millóns de visitas únicas e máis de 100 millóns de páxinas vistas ó mes, o que resulta difícil de crer, aínda que en favor da web non só teriamos o seu éxito de público, senón o respecto co que o tratan, xa que a súa publicidade non resulta molesta como noutras webs semellantes, e a súa oferta de xogos é moi completa, engordando día a día.
Nesta web podemos atopar dende xogos deportivos ata xogos de habilidade, pasando polas plataformas, a loita ou os naipes, de xeito que resulta moi atractiva para moito público, que sumado a unha frecuencia de actualización moi elevada a converte en todo un referente neste tipo de web.

PUBLICIDADE