Iron Fist incorpórase ao cadro de personaxes de Marvel Ultimate Alliance 2
venres, 3 de abril do 2009
- Iron Fist é unha interesante incorporación a Marvel Ultimate Alliance 2
Este
ano chegará ás tendas o xogo Marvel
Ultimate Alliance 2 para Nintendo DS, Xbox 360, PlayStation 3 e Wii, collendo
o relevo dunha anterior entrega que xuntaba
140 personaxes de comics da Marvel (20 dos mesmos, seleccionables polo usuario),
e prometendo tamén moita acción e diversidade, do que imos coñecendo cada vez
máis detalles, coma o feito de que os personaxes con máis seguidores que
estaban presentes no primeiro titulo repetirán experiencia, á vez que veremos
a novos heroes coma Iron Fist (Puño de Ferro), que estaba bastante
esquecido ata a chegada dunha etapa do personaxe debuxada polo español David
Aja que lle valeu un certo rexurdir.
O novo xogo estará ambientado na macro-saga coñecida coma Civil War, no que os superheroes enfrontábanse uns a outros por mor
dunha lei que os forzaba a rexistrarse
(o que moitos vÃa coma unha violación dos seus dereitos). Os distintos bandos
están liderados polo Capitán América e Iron Man, aÃnda que non faltarán nestas
aventuras Nick Furia, Lobezno ou
Spider-Man, que participarán en grandes batallas campais nas que poden
participar ata 4 xogadores á vez en modo cooperativo (tanto en modo local como
a través da Internet).
Este tipo de xogos non tiveron moito éxito no pasado, pero o feito de
aproveitar un arco argumental de grande éxito poderÃa axudar a cambiar a
resposta do público, aÃnda que hai que recoñecer que o mero feito de estar
apoiado por unha franquÃa de sona xa garante un bo resultado nas súas vendas.
- O novo xogo está ambientado nos acontecementos da Civil War dos comics
VÃdeo de presentación de Puño de Ferro no xogo |