Innovación e industria participa na reunión de seguimento do Plan de Extensión de Banda Ampla ao Rural en Oviedo

mércores, 27 de xuño do 2007

Co obxecto de analizar o cumprimento da primeira fase do Programa de Extensión da Banda Ampla ó rural (Plan PEBA), a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, Helena Veiguela, acudirá. mañá xoves, a unha xuntanza co director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo. A seis meses da finalización deste programa, esta reunión é decisiva para coñecer se efectivamente se están a cumprir os prazos previstos de chegada da banda ampla ós núcleos de poboación comprometidos.

PUBLICIDADE