Innovación e as universidades crearán oficinas de software libre nos campus

xoves, 13 de marzo do 2008 Fernando Sarasketa

Innovación vai apoiar a presenza do software libre nas universidades galegas. En parte a través de financiamento (240.000 euros para a posta en marcha de oficinas nas tres institucións educativas superiores) e en parte mediante recursos humanos e tecnolóxicos (grazas en boa medida ás ligazóns co vindeiro Centro de Referencia e Servizos de Software Libre do que xa falamos hai uns días). A colaboración da Consellería coas universidades, que é froito dun convenio a catro bandas, inclúe polo miúdo actividades dirixidas a afianzar o emprego e difusión do código aberto nestes eidos.
Para isto, dotarase ás oficinas dun coordinador a tempo completo que estea en permanente comunicacicón coas restantes oficinas e co digo Centro de Referencia. Asemade, haberá persoal de apoio e un espazo web específico con todas as ferramentas precisas para o diálogo coa comunicade universitaria, para o traballo en mancomún e para dar a coñecer os obxectivos e accións da oficina.

PUBLICIDADE