Innovación destinará 27 millóns de euros á convocatoria de recursos humanos de I+D+i
mércores, 16 de xullo do 2008
O Consello da Xunta de Galicia
vén de anunciar que autorizará mañá o acordo sobre os compromisos
de gasto de carácter plurianual por unha cantidade de 27 millóns de
euros para a orde de 2008 do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego
de I+D+i 2006-2010 (INCITE), que anualmente convoca a ConsellarÃa de
Innovación e Industria,
a través da súa Dirección Xeral de I+D+i. Este Programa é a ferramenta
do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 para a contratación de investigadores,
tecnólogos e axentes de innovación no sistema público galego de Investigación,
Desenvolvemento e Innovación.
Dentro do Programa de Recursos
Humanos existen contratos e prórrogas cunha duración superior a un
ano, de aà a necesidade de que a ConsellarÃa de Innovación e Industria
comprometa o gasto dos próximos anos, seguindo o disposto pola Lei
de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia. A convocatoria de 2008,
que se publicará no Diario Oficial de Galicia nas próximas semanas,
suporá un investimento total de 27.176.860 de euros para o perÃodo
2008-2011. O reparto deste orzamento de 2008 por anos é o seguinte:
3.414.056 euros en 2008, 12.879.784 euros en 2009, 8.648.020 euros en
2010 e 2.235.000 euros en 2011.