Industria prepara unha Gymkhana Virtual para o Día de Internet

venres, 11 de maio do 2007

Con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e do Día de Internet (o vindeiro 17 de maio), os alumnos dos 44 colexios que forman a “Rede de Centros Educativos Avanzados no emprego das TIC” terán a oportunidade de participar nunha Gymkhana Virtual que organiza o Ministerio de Industria en colaboración coas Comunidades Autónomas. Neste particular xogo, os participantes terán que resolver, coa axuda de Internet, os diferentes enigmas que se lles van presentando ó longo dun percorrido virtual. O obxectivo das actividades programadas para este día é avaliar as melloras obtidas nas aulas grazas ó emprego das TIC e identificar as posibles problemáticas derivadas da súa implantación.

PUBLICIDADE