Incógnitas sobre os competidores do iPad

venres, 30 de abril do 2010

Nas últimas horas distintos rumores apuntaban que Microsoft cancelaba o lanzamento do seu futuro dispositivo chamado Courier (que nunca confirmou que ía comercializar) ao que dende TechCrunch engadiron que HP cancelaría o seu tablet HP Slate con sistema operativo Windows 7 ante a forza que está a tomar o iPad, pero dende Xataka negan a maior e incluso aseguran que o HP Slate chegará a España o vindeiro 15 de xullo, no que promete ser unha interesante guerra de tablets.

PUBLICIDADE