Importante operación contra a piratería televisiva en España

xoves, 31 de maio do 2007 Marcus Fernández

A Policía Nacional detivo a 50 persoas nunha operación contra a piratería audiovisual de sinal de televisión e venda de descodificadores manipulados (estimándose a comercialización duns 1.000 receptores por parte dos implicados) que se efectuou en 15 provincias españolas (entre as que se atopa A Coruña).
Dos arrestados, 10 eran administradores de páxinas web, 22 distribuían descodificadores pirateados, 16 son responsables de redes locais de cable e televisións terrestres e 2 son responsables de comunidades de veciños que distribuían o sinal de xeito ilícito.
Con esta operación pecháronse 14 páxinas web nas que se distribuían programas e chaves activas que permitían piratear o sinal de televisión dixital que se nutrían de ingresos publicitarios.
A Operación Jardín actuaría así sobre unha fraude que ocasiona perdas millonarias ás televisións de pago por satélite, segundo contan dende Europa Press:

PUBLICIDADE