Imagenio salta ó móbil

martes, 14 de novembro do 2006

O sistema de televisión por ADSL de Telefónica, Imagenio, vén de transcender o seu soporte de transporte (o fío telefónico) para achegarse ó portal de contidos de Movistar, Emoción, polo que os clientes da operadora poderán acceder a información deste servizo de televisión dende case calquera lugar.
A versión móbil de Imagenio permite recibir información xeral, consultar a programación, visualizar a canle promocional con trailers e resumos dos mellores contidos e incluso recibir alertas MMS coa carátula das películas do videoclub (xunto coa súa descrición).
Tras esta primeira fase, Imagenio prepararase para ampliar os seus servizos móbiles, de xeito que incluso poderían achegar tódolos contidos de Imagenio dende o móbil, no que sería unha mellora na converxencia dos servizos de teléfono, televisión e Internet co móbil.

PUBLICIDADE