INEO organiza este venres unha xornada sobre apertura de mercados para as empresas TIC

xoves, 5 de xullo do 2007

INEO, a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, organiza este venres 6 de xullo (en colaboración coa Oficina de Programas Internacionais da Consellería de Innovación, OPIDI) unha xornada sobre as oportunidades do sector TIC no eido do VII Programa Marco da Unión Europea. Con esta iniciativa, INEO quere poñerse á cabeza de Galiza no que se refire a impulsar o sector das novas tecnoloxías, “incidindo na importancia da promoción internacional do mesmo e facilitando o acceso ós devanditos programas de apertura de mercados”, sinala a entidade. Na sesión, qu dá comezo ás 10.00 horas no Auditorio do Consorcio da Zona Franca de Vigo, participarán o director xeral de I+D, Salustiano Mato, e o director da OPIDI, Xavier Alcalá.

PUBLICIDADE