INEGA conciencia sobre o aforro enerxético a través dun videoxogo infantil

luns, 20 de outubro do 2008

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) editou o videoxogo Os Sostibles para que os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos aprendan a aforrar enerxía (usando lámpadas de baixo consumo, coñecendo o consumo eléctrico oculto no fogar ou entendendo as etiquetas de cualificación enerxética), distribuíndose esta ferramenta educativa entre todos os centros de ensino e bibliotecas municipais galegas nos vindeiros días.
En breve tamén se poderá descargar o xogo dende a páxina web do INEGA.

PUBLICIDADE