IGN regala un xogo de Prince of Persia para iOS

luns, 10 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Durante estes días a publicación en liña de videoxogos IGN está a regalar a través da súa páxina web códigos de descarga para o xogo Prince of Persia: The Shadow and the Flame para iOS, valorado en 2,69 euros, de xeito que os usuarios de iPhone, iPod Touch ou iPad poden descargar de balde este xogo de plataformas que chega como unha secuela do Prince of Persia clásico a través de 14 niveis con gráficos tridimensionais repartidos en 5 ambientes distintos.
Prince of Persia: The Shadow and the Flame conta cun novo sistema de combate con múltiples inimigos e desafíos tácticos, conta con numerosos combos devastadores (que irán desbloqueándose segundo avancemos na historia) e achega novas armas para poder superar as cada vez máis complexas loitas. Pode controlarse tanto mediante xestos como a través de mandos virtuais e, dende a súa última versión, tamén é posible empregar un mando físico para manexalo, conseguindo un control moito máis preciso.


Trailer de Prince of Persia: The Shadow and the Flame

PUBLICIDADE