Humble Bundle ofrece un lote de xogos para consolas de Nintendo

martes, 26 de abril do 2016 Marcus Fernández

A iniciativa solidaria Humble Bundle tende a ofrecer lotes de xogos para PC que poden descargarse a través da plataforma Steam, repartindo os ingresos de cada campaña entre a organización, a compañía desenvolvedora dos títulos ofertados e unha serie de causas benéficas, pero no último lote de xogos que estará dispoñible durante un par de semanas sorpréndennos cunha alianza con Nintendo para ofrecer xogos para Wii U e Nintendo 3DS.
As persoas que paguen a partires de 1 dólar poderán facerse cos xogos Retro City Rampage: DX para Nintendo 3DS, Affordable Space Adventures para Wii U e Shantae and the Pirate’s Curse para ambas plataformas de xogo de Nintendo; xogos aos que sumaranse Freedom Planet (Wii U), Rhythm Thieft & the Emperor’s Treasure (Nintendo 3DS) e Citizens of Earth (Wii U ou Nintendo 3DS) se pagamos máis da media (9,72 dólares no momento de escribir estas liñas). A estes últimos xogos incorporarase algún título máis a semana que vén.
Os xogos que si que resultan especialmente rechamantes con os que recibirán os usuarios que acheguen a partires de 13 dólares, que serán os máis que destacados Super Street Fighter IV: 3D Edition (Nintendo 3DS) e Darksiders II (Wii U). Falamos así dunha selección de xogos valorada nuns 179 dólares que poden conseguirse por só 13 dólares, polo que estamos ante unha magnífica oportunidades para os posuidores dalgunha das dúas consolas actuais de Nintendo. As entidades sen ánimo de lucro ás que búscase beneficiar coa campaña figuran SOS Children’s Villages e CODE.

PUBLICIDADE