Humble Bundle oferta durante unha semana un atractivo lote de xogos de condución

xoves, 6 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Urban Trial Freestyle é un dos xogos que poden conseguir calquera dos que adquiran o Humble Weekly Bundle Racing

Xuntando fondos para as entidades benéficas SpecialEffect e Save The Children, dende Humble Bundle lanza un lote de xogos que só estaría dispoñible durante unha semana e que son todo un luxo para os amantes do xénero da condución, e nos que os usuarios, como vén a ser habitual, poden decidir a cantidade a achegar, recibindo así os distintos xogos que conforman o paquete.
O Humble Bundle Weekly Bundle Racing parte dos xogos Urban Trial Freestyle, Real World Racing Bundle (que inclúe tres títulos da franquía Real World Racing) e WRC Powerslide, valorados nun total de 23,97 euros, e que poden conseguirse por a partires de 1 dólar; mentres que os usuarios que paguen un mínimo de 6 dólares recibirán tamén DiRT Showdown e Joe Danger 2: The Movie (valorados en 28,98 euros); e cun mínimo de 9 dólares completarase o lote con DiRT 3 (valorado en 19,99 euros). Deste xeito, por 9 dólares (7,27 euros) poderiamos facernos con xogos de carreiras valorados en 72,94 euros, o que é unha excelente oportunidades para os amantes do xénero, que tamén poden contribuír a causas solidarias coa súa compra.

O xogo estrela deste novo lote é o magnífico DiRT 3

PUBLICIDADE