Horizon Forbidden West chegará a PC en 2024

mércores, 27 de setembro do 2023 Marcus Fernández

A secuela de Horizon Zero Dawn conseguiu manter o nivel e trasladous as aventuras de Aloy ao Oeste Prohibido e, na súa expansión, ás Beiras Ardentes, de aí que só era cuestión de tempo que empaquetasen os contidos en Horizon Forbidden West: Complete Edition, xogo que estará dispoñible por 69,99 euros a partir do 6 de outubro, incluíndo o xogo de PS5, a súa expansión, a banda sonora dixital, un libro de ilustracións dixital, un cómic dixital e numerosos contidos para o xogo.
Pero o anuncio da edición completa de Horizon Forbidden West está a ser moi celebrado xa que serviu para desvelar que o xogo tamén contará con versión para PC en 2024, aparecendo xa listado en Steam e na tenda de Epic Games.
Polo momento no concreta a data de lanzamento, o prezo e, moi especialmente, os requisitos do sistema para poder gozar deste grande xogo, aínda que a primeira entrega da saga non era especialmente esixente, polo que probablemente este título poida estar ao alcance de moitos xogadores de PC.

PUBLICIDADE