Hi-Call permÃtenos falar polo móbil sen arrefriar as mans
martes, 9 de outubro do 2012
Coa chegada do frÃo do inverno pode resultar complicado
empregar os smartphones actuais, pois
na meirande parte dos casos as súas pantallas non responden ao contacto dos
dedos enfundados en luvas, para o que xorden distintas solucións entre as que
podemos destacar as orixinais luvas
hi-Call, que tanto serven para utilizar pantallas táctiles como para falar
a través de Bluetooth dun xeito curioso, xa que integran un micrófono e un
auricular nos espazos reservados para os dedos polgar e meniño.
Este sistema
de mans libres que non deixa as mans
libres poden comunicarse co móbil ata unha distancia de 12 metros, cárganse
mediante USB, a súa baterÃa ten unha autonomÃa de 20 horas en conversa e 10
dÃas en espera e véndese en
modelos para home e muller e cor negra ou gris por 49,99 euros.
O mesmo fabricante comercializa outros accesorios orixinais como as luvas
hi-Glove (para poder empregar pantallas capacitivas, pero sen integrar
Bluetooth), o altofalante
hi-Sleep que tamén fai de coxÃn, ou a gorra con
altofalante hi-Hat (para poder escoitar música ou responder ao móbil sen
arrefriar a cabeza.
- As luvas Hi-Call véndense en 2 cores distintas e en tamaños para home e muller
Hai unhas semanas a xente de Engadget probou as luvas hi-Call
- Hi-Fun tamén vende gorras que serven de altofalantes para a reprodución multimedia