HTC Tattoo: móbil con Android a un prezo moderado
martes, 8 de setembro do 2009
O
sistema operativo Android non é exclusivo de terminais telefónicos de gama
alta, e asà HTC anuncia que para o mes que vén achegará a Europa o móbil HTC Tattoo
(antes coñecido coma HTC Click) que inclúe a atractiva interface de usuario HTC
Sense, conta cunha pantalla táctil resistiva de 2,8 polgadas cunha resolución de 320 x 240
pÃxeles, conta con conectividade HSDPA, Wi-Fi e Bluetooth, GPS, compás,
acelerómetro, cámara de 3,2 MpÃxeles con enfoque automático, toma de
auriculares e lector de tarxetas microSD.
O terminal contará con carcasas intercambiables e será comercializado en
España por Movistar, Vodafone e Orange, agardándose que o seu prezo libre sexa
de 350 euros (polo que é de agardar que ata sexa posible adquirilo de balde
grazas á subvención das operadoras). O seu tamaño é de 106 x 55,2 x 14
milÃmetros, pesa 113 gramos, e funciona cun procesador a 528 MHz, 256 Mb de RAM
e 512 Mb de ROM, polo que incluso superarÃa a outros terminais con Android no
mercado, de aà que sorprende que este terminal chegue a un prezo tan atractivo
que busca popularizar os móbiles con Android.
- O HTC Tattoo funciona coa interface HTC Sense