Guionlab amplía o prazo de presentación de proxectos ata o 30 de abril

venres, 20 de abril do 2007

Perante a solicitude dos aspirantes que precisan unha meirande marxe de tempo para dar forma ás súas ideas e presentalas á convocatoria, Guionlab vén de ampliar o seu prazo de admisión de proxectos ata o vindeiro 30 de abril.
Este laboratorio de guións, organizado polo Clúster Audiovisual Galego xunto á Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura e Deporte e Caixanova, ten como obxectivo proporcionar fundamentos teóricos e prácticos para a elaboración de guións cinematográficos partindo de ideas no seu estado primitivo para logo ser tuteladas por expertos ata convertelas en guións profesionais.

PUBLICIDADE