Grande éxito nas probas do concurso en liña 1 vs 100

luns, 17 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Coa chegada da Nova Experiencia Xbox (NXE) anunciárase que a consola de alta definición de Microsoft ía abrir a porta a unha serie de concursos que emularían aos da televisión, pero contando coa interacción dos usuarios en vivo, creando unha experiencia de xogo sen precedentes a través da que os competidores poden facerse con premios reais (que van dende descargas para a Xbox 360 ata sistemas de cine en casa).
Microsoft probou esta plataforma en EE.UU., Canadá, Reino Unido, Irlanda, Alemaña e Francia, de xeito que os usuarios Gold de Xbox LIVE podían participar de balde (no lanzamento oficial podería ser de pago) no concurso 1 vs 100, o que parece ser un éxito rotundo, con 2,5 millóns de descargas da aplicación que permite participar no xogo e un número de xogadores por noite realmente impresionante, que chegou ata 230.000 en Norteamérica e 215.000 en Europa. Nos EE.UU. incluso rexistraron sesións con ata 114.000 usuarios simultáneos e no Reino Unido e Irlanda chegaron a sumar ata 79.000.

PUBLICIDADE