Google publica o código fonte de Android

martes, 21 de outubro do 2008

Para cumprir coa promesa de Google de facer de Android unha plataforma de aplicacións para móbiles aberta distribúe dende hai unhas horas o código fonte do sistema baixo licenza Apache, permitindo a compilación da plataforma completa dende Linux ou Mac OS X para a súa posterior modificación.
Esta versatilidade de Android podería non importar a moitos usuarios finais, pero é un factor chave para atraer a operadoras tradicionais a incorporar esta plataforma como propia.

PUBLICIDADE