Google podería estar a preparar unha tenda de aplicacións

martes, 2 de febreiro do 2010

Segundo publica The Wall Street Journal, Google está a preparar o lanzamento dunha tenda de aplicacións en liña que poidan enriquecer as actuais Google Apps e que sairía oficialmente en marzo.
Inicialmente estas aplicacións desenvolvidas por terceiros funcionarían coma engadidos para Gmail e Google Docs (para pasar máis adiante a outros servizos de Google), e estarían orientadas principalmente ao público corporativo, de xeito que non habería que temer que as aplicacións web de Google vaian a pasar a ser de pagamento no futuro.

PUBLICIDADE