Google Maps achega datos sobre os gases das cidades

mércores, 8 de outubro do 2008 Fernando Sarasketa

Os responsables de Google semellan querer tirar o máximo partido do seu servizo Maps. Xa non chega con ofrecer en detalle a localización exacta desta ou de aqueloutra rúa, establecemento ou parque; é hora de permitirse a si mesmos subministrarnos partes do que imos atopar ao saír da casa: unha nube de CO2 sobre a nosa cabeza, un nivel de emisión alta de gas industrial ou ben un incremento de material bioxénico en suspensión (coa súa orixe directa nos organismos vivos).
En definitiva, teremos nas nosas mans un servizo en liña de localización que se reviste con traxe e acenos de muller/home do tempo ecolóxico. De feito, baixo esta ferramenta latexa unha coartada-vontade de denuncia que, por ser de natureza comercial, tamén ten certa ambigüidade: a de poñer máis de manifesto o que lle estamos a facer ao planeta e, de paso, incrementar as visitas e os ingresos xerados polo servizo.
Segundo sinala Elpais.com e volvendo á ferramenta en si mesma presentada por Google, dicir que xa está operativa a partir de hoxe e cubrindo os espazos das cidades españolas con máis de 50.000 habitantes. O servizo, que foi presentado onte no Congreso de Biodiversidade que se está a celebrar en Barcelona, é froito directo dunha estreita colaboración entre Google Earth e Google Maps e máis a Universidade Politécnica de Madrid, que foi a que lle achegou a ferramenta para lanzar prognósticos sobre a calidade de aire para as 72 horas que seguen a un requirimento de información. Os responsables de Google semellan querer tirar o máximo partido do seu servizo Maps. Xa non chega con ofrecer en detalle a localización exacta desta ou de aqueloutra rúa, establecemento ou parque; é hora de permitirse a si mesmos subministrarnos partes do que imos atopar ao saír da casa: unha nube de CO2 sobre a nosa cabeza, un nivel de emisión alta de gas industrial ou ben un incremento de material bioxénico en suspensión (coa súa orixe directa nos organismos vivos).
En definitiva, teremos nas nosas mans un servizo en liña de localización que se reviste con traxe e acenos de muller/home do tempo ecolóxico. De feito, baixo esta ferramenta latexa unha coartada-vontade de denuncia que, por ser de natureza comercial, tamén ten certa ambigüidade: a de poñer máis de manifesto o que lle estamos a facer ao planeta e, de paso, incrementar as visitas e os ingresos xerados polo servizo.
Segundo sinala Elpais.com e volvendo á ferramenta en si mesma presentada por Google, dicir que xa está operativa a partir de hoxe e cubrindo os espazos das cidades españolas con máis de 50.000 habitantes. O servizo, que foi presentado onte no Congreso de Biodiversidade que se está a celebrar en Barcelona, é froito directo dunha estreita colaboración entre Google Earth e Google Maps e máis a Universidade Politécnica de Madrid, que foi a que lle achegou a ferramenta para lanzar prognósticos sobre a calidade de aire para as 72 horas que seguen a un requirimento de información.

PUBLICIDADE