Google Earth incorpora a iluminación solar para dotar de maior realismo ás súas representacións tridimensionais

xoves, 17 de abril do 2008 Marcus Fernández

As sombras mellora a percepción tridimensional de Google Earth

A nova versión de proba de Google Earth, a 4.3, incorpora bastantes cambios na súa interface, así como novas prestacións. Cambia o seu sistema de navegación, abre o acceso á vista de rúa que ata o momento estaba dispoñible en Google Maps, e nas cidades onde proxecta tridimensionalmente os edificios engadiu efectos de iluminación de xeito que se poden ver sombras proxectadas polo sol, dando unha sensación máis realista (e mesmo nos permite movernos no tempo para ver como varían as sombras segundo a posición do sol).
Esta nova versión tamén incorpora modelos tridimensionais dos edificios de San Francisco, Boston, Orlando, Munich e Zurich, así como tamén optimiza o xeito no que se carga esta información.
Podemos ver as novidades da aplicación no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE