Gol Televisión supera o millón de abonados

martes, 15 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A única canle de pago a través da TDT, Gol Televisión, conseguiu superar a barreira do millóns de clientes, acadando 1.040.043 clientes con só un trimestre en activo, o que supón un importante incremento nas últimas semanas, especialmente no tocante a cliente a través da TDT Premium, que finalmente chegan ao 15%, o que resulta claramente decepcionante (¿en verdade era preciso cambiar o marco regulatorio para levar unha canle a 150.000 espectadores que poderían recibila polo resto de plataformas a través da que se ofrece?) pero supón unha mellora con respecto a hai cousa dun mes, aínda que parece deixa claro ao resto de compañías que a TDT de pagamento aínda non está madura, de xeito que o número de clientes de Gol Televisión podería verse coma un teito, ao que terán difícil chegar outros operadores, de aí que os prometidos lanzamentos de canles coma AXN a través da TDT Premium, xunto con outras canles, podería demorarse indefinidamente, posto que é máis rendible explotar os programas en aberto (aínda que iso podería cambiar tras o apagamento analóxico).
O reparto de clientes de Gol Televisión repártese do seguinte xeito:
- 15% a través da TDT Premium
- 16% a través de operadores de cable (coma R no caso galego)
- 60% a través de IPTV (Imagenio, Orange, Andorra Telecom e Jazztel)
- 9% a través do móbil (nas 3 principais operadoras)
No tocante ás audiencias, a TDT Premium tamén decepciona, e o partido Barcelona-Madrid quedou no 9,9% a través desta vía.

PUBLICIDADE