Gol Televisión chega aos 930.000 subscritores (só o 11% a través da TDT)

luns, 9 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Mediapro fixo públicos os últimos datos de clientes de Gol Televisión, chegando a canle de pago de contidos deportivos aos 930.000 abonados, dos que só un 11% serían a través da TDT Premium, o 16% correspondería ás plataformas de cable (Ono, Euskaltel, Telecable, Aotec, Iseca e R), o 66% a través de IPTV (Imagenio, Orange, Andorra Telecom e Jazztel) e o 7% a través do móbil (Movistar, Vodafone e Orange).
De todos os xeito habería que precisar que non todos os usuarios pagan 14,90 euros/mes para acceder aos contidos de Gol TV, pois os clientes de Imagenio Familiar ou dunha tarifa plana de datos a través do móbil de Movistar reciben a canle sen un pagamento adicional, o que parece un claro factor distorsionador. Pese a todo, o número de clientes a través da TDT de pago continúa a ser insignificante, e os cambio normativo preciso para dar cabida a Gol TV na TDT parece claramente desporporcionado, xa que existente diversas plataformas de pago mellor aceptadas que a TDT Premium para subscribirse a contidos deportivos (e que inclúen vantaxes como o acceso a contidos en taquilla).

PUBLICIDADE