Gameloft lanza 10 novos xogos HD para Android

mércores, 22 de decembro do 2010 Marcus Fernández

A compañía de videoxogos para móbiles Gameloft busca replicar o seu éxito no iPhone nos terminais con Android, de aí que adapte varios dos seus títulos aos terminais máis potentes co sistema operativo promovido por Google, o que permítelles uns gráficos máis detallados e o uso das 3D, nunha liña de xogos cualificada coma HD, que durante este mes incorporou 10 títulos (Tom Clancy’s Splinter Cell, Let’s Golf 2, Gangstar: Miami Vindication, Shrek Kart Racing, Real Soccer 2011, Brother in Arms 2, Spider-Man: Total Mayhem, Fishing Kings, Oregon Trail e GT Racing) e, para dalos a coñecer, acompañan o lanzamento coa posibilidade de facerse cunha copia de balde de Hero of Sparta HD.


Vídeo promocional dos 10 novos xogos HD de Gameloft para Android

Hero of Sparta HD ofrécese de balde para dar a coñecer os novos xogos de Gameloft para Android

PUBLICIDADE