GameTrailers bota o peche tras 13 anos
martes, 9 de febreiro do 2016
Non hai dúbida no feito de que as revistas especializadas en
videoxogos levan anos en crise por non publicarse nun soporte ao que están
afeitos os mozos actuais, máis afÃns á Internet e a un consumo de contidos máis
inmediatos, o que levou a que na última década pechasen numerosas revistas de
longa traxectoria, pero tal crise tamén afecta a medios en liña, pese a ser
grandes innovadores como GameTrailers,
compañÃa fundada en 2002 e que foi das primeiras en facer unha importante
aposta polo vÃdeo na Internet para informar sobre videoxogos, adiantándose
incluso á creación de YouTube, o que fora unha aposta moi decidida, que durante
anos os situou nunha posición de grande prestixio, pero agora os fundamentos de
GameTrailers xa non son un elemento que marque a diferenza, e a competencia
medrou tanto que finalmente a compañÃa
decidiu botar o peche tras 13 anos.
Actualmente YouTube e Twitch son uns competidores de grande peso para
GameTrailers, e as audiencias tamén mudaron moito, estando afeitas a formatos
de vÃdeo moi diferentes, aos que resulta complicado adaptarse (lembremos que
fenómenos como os dos youtubers ou as
retransmisións e partidas en vivo afástanse moito dos formatos audiovisuais
tradicionais dos que bebÃa principalmente GameTrailers). Deste xeito, hoxe será o
derradeiro dÃa de vida deste proxecto audiovisual baseado na Internet que
demostrou o poder do vÃdeo na Rede, pero non foi quen de manter o seu pulo nun
mercado global extraordinariamente competitivo.
- GameTrailers foi unha páxina web pioneira no vÃdeo na Internet sobre videoxogos, pero non conseguiu manter o seu pulo nos últimos anos