GameStop poderÃa facerse coas tendas GAME de España e Portugal
xoves, 8 de marzo do 2012
Xa temos comentado nas últimas semanas que a matriz da cadea
de tendas de videoxogos GAME está a pasar serios apuros económicos no Reino
Unido, que chegaron incluso a impedirlle abastecerse das principais novidades
do sector (Mario Party 9, Mass Effect 3, FIFA Street, Tiger Woods 13,
The Sims Showtime...) o dÃa do seu lanzamento
(coas serias repercusións que iso terá para os seus resultados económicos), e
parece que van intentar atopar unha saÃda vendendo
as 291 tendas que o grupo ten en España e Portugal, das que poderÃa querer
facerse cargo o seu principal competidor, GameStop.
A adquisición de GAME por parte de GameStop en España poderÃa ter serias
repercusións no mercado de videoxogos español, pois poderÃa saldarse cun peche
masivo de establecementos (lembremos que en moitos centros comerciais galegos
están presentes ambas marcas); mentres que no caso portugués resulta aÃnda máis
rechamante, por vir de pechar GameStop as súas tendas alÃ.
Nun principio parecÃa que os xogos de Nintendo e Electronic Arts Ãan ser os
únicos que Ãan desaparecer do calendario de lanzamentos das tendas GAME
británicas, pero agora sábese que tamén os xogos de Capcom seguirán o mesmo
rumbo, polo que este venres os agardados Street
Fighter x Tekken e Asura’s Wrath
non estarán dispoñibles nos establecementos de GAME,información que contribúe a
minar a confianza no futuro da compañÃa, o que está a notarse de xeito
importante na súa cotización bolsista.